Friday 29 de March de 2024

Un total de 10 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibirán axudas da Xunta por valor de máis de 293.000€ pra apoiar os cinco CIM, promover a conciliación e loitar contra violencia de xénero


― Gonzalo Trenor e Susana López Abella informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

― Destínanse máis de 220.000 euros aos Centros de Información á Muller da laracha, Carballo, Cee, Muxía e Zas

delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a secretaria xeral da Igualdade. Susana López Abella, informaron hoxe do resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e promocionar a igualdade e previr e tratar a violencia de xénero e para apoiar a conciliación e os Centros de información á Muller. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte esta cifra ascende a algo máis de 293.000 euros para atender as demandas de 10 concellos.

Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia, nesta área, actuacións de dous programas: (1) fomento da conciliación;; (2) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM)

O primeiro dos programas conta para os concellos de Bergantiños-Costa da Morte con máis de 72.000 euros cos que se apoian iniciativas de 5 entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.

A segunda liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por cinco centros que dan cobertura a 10 concellos situados na Laracha, Carballo, Cee, Muxía e Zas. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 220.000 euros aos concellos da área de Bergantiños-Costa da Morte.

Provincia Coruña
A secretaria xeral destacou que resolución das axudas a concellos e outras entidades locais reservan en total máis de 1,9 millóns de euros aos concellos da provincia da Coruña para potenciar a conciliación e a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero , así como apoiar aos CIM

Concretamente, se reservan máis de 1,2 millóns euros a 29 Centros de Información á Muller da provincia coruñesa, máis de 520.000 euros ao fomento da conciliación en 36 municipios coruñeses e case 100.000 euros á promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención e tratamento da violencia de xénero dos que se beneficiarán sete concellos da provincia.

Entidade local Concellos agrupados  CIM – TOTAL
(ANUALIDADES 2022 e 2023)
 CONCILIACIÓN  TOTAL AXUDA CONCEDIDA ENTIDADE
A Laracha  39.692,13 €  39.692,13 €
 Carballo Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso  58.000,00 €  58.000,00 €
 Cee Corcubión, Fisterra  42.011,61 €  16.158,73 €  58.170,34 €
 Corcubión  13.447,71 €  13.447,71 €
 Fisterra  9.600,00 €  9.600,00 €
 Muxía  43.657,76 €  43.657,76 €
 Ponteceso  16.038,00 €  16.038,00 €
 Vimianzo  16.917,46 €  16.917,46 €
 Zas  37.496,22 €  37.496,22 €
TOTAL  220.857,72 €  72.161,90 €  293.019,62 €